A nosa empresa ten unha dilatada experiencia no asesoramento técnico e xestión no eido forestal e medio ambiental, abarcando tamén traballos topográficos, tasacións e todo tipo de proxectos.
Dende o ano 2015 démolo paso á execución de obra forestal e civil, dispoñendo de persoal especializado, ferramentas e maquinaria necesaria par levala a cabo.
Contamos tamén cun viveiro forestal rexistrado para a producción de planta forestal
Proxectos, memorias e informes. Topografía. Xestión e Certificación Forestal
Rozas, Podas e Plantacións. Viveiro Forestal. Infraestruturas forestais: apertura e mellora de camiños, pasos de auga. Puntos de auga, peches gandeiros.
Excavacións e movemento de terras. Estruturas de formigón. Albanelería. Obras hidraulicas.